Se fose un café

lunes, 22 de septiembre de 2008

 

Se fose un café pasaríame a vida desexando ser un té, pero non unha desas bolsiñas nas que as ilusións quedan aprisionadas, senón un “gran señor” que flota ceibe nunha teteira de barro.


Hai maxia nunha cunca de té, no ritual que require facer un “té de verdade” no coidado e o cariño que se precisan para acadar unha mezcla perfecta que calme o espírito e despexe a mente. Así me gustaría ser: ceibe, co corazón en calma e a cabeza a 1000 por hora.


Só me falta poder mirar á miña filla ós ollos e decirlle que é certo, que a maxia existe de verdade, sen remordimentos, sen dúbidas, sen complexos. Ese día serei ceibe ó fin.

0 comentarios: