DENDE O OUTRO LADO (1)

lunes, 12 de enero de 2009

 

6:35 a.m.

Este ano non vou facer propósitos de Ano Novo, total nunca cumpro ningún. Este ano paso de todo, nin deixo de fumar, nin de beber, nin vida sana nin ostias. Este ano penso facer o que me saia dos güevos, coma sempre, pero sen remordimentos; e se non me apetece ir a currar, pois non vou E PUNTO, que levo vinte anos, VINTE ANOS (que se di pronto) sen faltar un puto día ó chollo. E vaia chollo, eh? Servindo cafés todo o puñetero día e aínda por riba dando conversa e escoitando o rollo a todo o quera desfogar, pero quén se preocupa de escoitarme a min, eh? Que eu tamén teño os meus problemas pero parece que ninguén ten tempo para escoitalos. Claro! Todos veñen a polo seu cafetiño: rápido sen case soltar palabra ou remolón falando sen parar, pero sen escoitar nunca. E qué pasa conmigo? Ninguén se preocupa sequera de disimular cun simple “qué? Cómo che vai hoxe?” NADA, todos coa mirada cara dentro sen verme sequera, o mesmo lles daría que fose unha porta con tal de que dixera: “claro, entendo, home eso non é vida” de vez en cando. A esta mesa non hai quen lle quite as marcas estas, vese que as fixeron a conciencia, debían estar aburridos e agora tócame a min fregar e fregar porque uns “señoritos estaban aburridos” Hai que joderse! Pero este ano cambio de chollo como que me chamo Alberto, bueno, “Albertito” que me chaman, aínda ei chegar ós sesenta chamándome Albertito e non será por que abulte pouco, que sempre fun de “constitución forte” como dicía a miña nai, pero debe parecerlles que chamándome así somos todos coleguitas, deben pensar que son parvo, que por chamarme Albertito xa somos íntimos e poden soltarme o rollo coma se fose o seu millor amigo. E digo eu que esta xente ha de sentirse moi soa para chegar á barra e contarlle toda a súa vida a un perfecto descoñecido por moi Albertito que lle chame.

0 comentarios: