Demasiada pereza

lunes, 2 de junio de 2008

 

Levo dúas semanas con esta canción na cabeza:

Ata cheguei a pensar se estaría "depre", cada vez que a escoito sinto desexos de estar triste, desexos de estar tan triste como para tirarme en cama e chorar sen parar mentras This is the end soa unha e outra vez. Pero decididamente non estou deprimida, nin siquera triste. O certo é que me dá pereza deprimirme, dame pereza non ter ganas de erguerme cada mañán, pereza de non querer ler e, sobre todo, dame pereza non rir.
Fun unha nena feliz, non sei en qué momento decidín que "o lado escuro" era a miña elección e deixei de ser preguiceira, supoño que fun unha adolescente triste e acostumeime a eso, de tal xeito que esquecín o que era rir; e chegou a época na que escribía ata o mencer: "Me gusta estar aquí, a oscuras, en silencio, mientras oigo a los cuervos graznando fuera", a época na que abusaba da maquillaxe branca e o lápiz negro ata que, cando cumplín 25 anos debín de tocar fondo e, como xa non podía caer mais, descubrín que existía outro estado mental e aferreime a él con uñas e dentes e, os pesadelos remataron.
Desa época queda o que son agora, unhas cuantas cancións e os amigos de verdade. Non podo esquecer a Mario e a Pedro que me aguantaron casi sempre cun sorriso, supoño que non debía ser doado sair de marcha con alguén que se pasaba a noite sen abrir a boca, sentada nunha mesa escura mentras lía calquera cousa que non me fixera pensar. Desa época queda The Cure

Un dos meus vídeos favoritos que non sei porqué lémbrame a Miss Li, que ma descubriu Alberte fai uns meses, outro gran amigo ("daquela qué?") e a única persoa capaz de facerte rir mentras che conta o "chiste" da nena que só tiña tres pelos.
Remato con Miss Li e sorprendédome de que todo este desbarre foi provocado por unha conversa con Alda: a súa sinceridade, inocencia e simplicidade é acojonante.

A vida é sinxela, os complicados somos nós.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

ei, claro que te aguantavamos bem !! e forom boas épocas tambem !!
nom sei por qué estas triste agora mas ha que animarse !! e vivir !! que para isso é a vida !!
muitos bicos !!!