Danko Jones

martes, 13 de mayo de 2008

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Danko_Jones
Recoñezo que estiven/estou un pouco obsesionada con estes tipos e en especial con We Sweat Blood (2003) que escoitei por primeira vez na Calexa. Este disco, un pouco vello, é para min pura descarga de adrenalina, os primeiros acordes de Forget my Name case fan que realmente me esqueza de todo o que me rodea. Dende maio a setembro do ano pasado casi cada día que ía ó curre camiñando escoitaba este disco. Resultábame unha extraña mezcla deses case once anos nocturnos que me daba medo esquecer-perder-extrañar, xunto coas camiñatas a primeira hora da mañá para chegar a un traballo totalmente distinto no que me sentía un pouco extraña e, por qué non decilo?, tamén acojonada. Tal vez esta música represente a unión do meu pasado co presente, a miña forma de decirme a min mesma que se algo me molesta teño recursos suficientes para facelo desaparecer, algo tan sinxelo coma conectar o meu mp3 e subir o volume a tope. Deixovos unha das miñas favoritas: I Want You, a canción que ten o poder de aplacar o son dos 40 principales, a voz estridente dunha ferrrolana que falaba sen parar e a risa gilipollas dun señor impresentable. A canción de amor mais contundente que escoitei nunca, case parece que está decindo QUE TE QUERO, OSTIA, ME CAGO EN TODO, QUE TE QUERO.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ola, gostei do blog, que sorpressa !! danko jones !!, eu tambem o escoito muito ainda que nom sei se gosto mais do "we sweat blood" ou do "born a lion", calquera dos dous som tremendos discazos
pois a ver se eres constante nisto logo, eu prometo visita-lo regularmente
apertas !!!

Débora dijo...

¡Hola!:
No lo conocía y me ha gustado.

Ya te tengo en mi RSS, así que ya sabes lo que te toca.

Muchos ánimos! y hasta pronto.

lulu dijo...

Comparto ese sentimento de querer facer desaparecer, aplacar ou desoir esas voces que ás veces aínda me fan ter pesadelos. Para iso está a música... sobre todo a boa.

bikiños