Sabela garda historias en pequenos frascos de cristal, cando está triste abre un frasquiño azul e volta ir ó cine cos pais, ou destapa un verde esmeralda e revive o seu primeiro bico. Ás veces case non lembra como era o seu avó, entón colle unha caixa enriba do armario e saca un bote transparente, cunha tapa exagonal cor violeta, o seu frasco mais querido, e trae de volta o seu sorriso, as historias contadas baixo a parra, o seseo na fala, as bromas infantiles que non se foron nunca... e chora en silencio, consciente de que a felicidade deses momentos irá sempre con ela.
Ás veces Sabela abre a neveira e, nun movemento inconsiente, saca o tarro de manteiga; ábreo, úleo con calma, e, sen saber porqué, invádea un sentimento de benestar, non se decata de que ese aroma transpórtaa á infancia, ó momento no que súa avoa untaba con paciencia a manteiga no pan, para logo engadirlle amorosamente o azucre, ó momento no que se sentía protexida, no que sabía que todo estaba ben: tiña o seu bocata, tiña a mirada serea da avoa que preparaba o pan coma se de un ritual máxico se tratase. Aqueles bocadillos que sabían a ternura e paz. E Sabela pecha o frigo sen decatarse de que posee un tesouro que moitos dexesarían para si: o rincón da merenda en casa dos avós, que con só abrir ese tarro de manteiga estaba ahí, só para ela, protexéndoa.
FICHA:
Nome: Sabela Couso González
Data de nacemento: 13-07-1975
Estudios: Licenciada en Filoloxía
Traballo: Profesora de secundaria
Hetero, solteira sen parella estable, tres relacións anteriores de 4, 2 e 7 anos

0 comentarios:
Publicar un comentario