Xa fai tempo que alguén me falou desta peli-documental (non lembro quen foi) e tiña ganas de vela. É unha historia sinxela: Unha familia de nómadas no deserto do Gobi que axuda nos nacementos dunha manada de camellos.


Xa fai tempo que alguén me falou desta peli-documental (non lembro quen foi) e tiña ganas de vela. É unha historia sinxela: Unha familia de nómadas no deserto do Gobi que axuda nos nacementos dunha manada de camellos.
Bueno, supoño que á maioría non lle vai apetecer este xogo pero igual acabades por animarvos e sei que hai alguén a quen lle vai a parecer divertido.
Propóñovos un xogo literario: vou poñer algunhas persoaxes coas que quero escribir unha historia, podedes usalos para as vosas historias, engadirlle cualidades, crear outros, suxerir cambios, e, por suposto, decidir qué queredes qué pase. Incluso podemos escribir unha historia conxunta.
Se vos animades, pásovos a miña contrasinal e podedes colgar a historia vos mesmos.
A ver se alguén se anima, que seguro nos entretemos un rato.
http://es.wikipedia.org/wiki/Danko_Jones
Recoñezo que estiven/estou un pouco obsesionada con estes tipos e en especial con We Sweat Blood (2003) que escoitei por primeira vez na Calexa. Este disco, un pouco vello, é para min pura descarga de adrenalina, os primeiros acordes de Forget my Name case fan que realmente me esqueza de todo o que me rodea. Dende maio a setembro do ano pasado casi cada día que ía ó curre camiñando escoitaba este disco. Resultábame unha extraña mezcla deses case once anos nocturnos que me daba medo esquecer-perder-extrañar, xunto coas camiñatas a primeira hora da mañá para chegar a un traballo totalmente distinto no que me sentía un pouco extraña e, por qué non decilo?, tamén acojonada. Tal vez esta música represente a unión do meu pasado co presente, a miña forma de decirme a min mesma que se algo me molesta teño recursos suficientes para facelo desaparecer, algo tan sinxelo coma conectar o meu mp3 e subir o volume a tope. Deixovos unha das miñas favoritas: I Want You, a canción que ten o poder de aplacar o son dos 40 principales, a voz estridente dunha ferrrolana que falaba sen parar e a risa gilipollas dun señor impresentable. A canción de amor mais contundente que escoitei nunca, case parece que está decindo QUE TE QUERO, OSTIA, ME CAGO EN TODO, QUE TE QUERO.
5 de maio do 2008
APARTA!, díxome Alda, a tristeza está na porta agardando para entrar. Hai que deixala pasar.
Qué é a tristeza?, pregunteille eu.
A tristeza é un edificio moi grande cheo de animaliños feroces e de mostros amigos, os mostros amigos queren xogar conmigo pero eu non quero porque os animaliños feroces quérenme coller. Hai que esconderse deles pero podemos perdernos e entón non atopamos a saída e quedamos pechados no edificio enorme.
Non sei se coñece o significado da palabra tristura pero descríbea dun xeito sorprendente.